Compartir

Xarrete de “Ternera Gallega” con castañas

Xarrete de “Ternera Gallega” con castañas
Ingredientes
  • 1 kg de xarrete de “Ternera Gallega” (dianteiro)
  • 120 g de cebola
  • 100 g de allo porro
  • 150 g de cenoria
  • 3 dentes de allo
  • 4 dl de viño branco (DO Ribeiro)
  • 2 dl de aceite de oliva virxe extra
  • 2 ud de perexil
  • sal
  • pementa en gran
  • castañas peladas e cocidas da IXP Castaña de Galicia
Tipo de prato
Segundo

Macerar o xarrete con todas as verduras e os aromas durante a noite anterior. Dourar o xarrete en aceite de oliva e engadir a maceración, cocer a lume lento durante 3 horas. Cando o xarrete estea case tenro engadir as castañas e cocer o conxunto un par de minutos.
Presentación: colocar os anacos do xarrete e presentalo coas castañas arredor.