Compartir

Xarrete de “Ternera Gallega” ao mencía con salteado de mazás e Castaña de Galicia

Xarrete de “Ternera Gallega” ao mencía con salteado de mazás e Castaña de Galicia
Ingredientes
  • 1,6 kg xarrete de “Ternera Gallega”
  • 2 cebolas picadas
  • 1 cenoria
  • 1 porro
  • 4 dentes de allo
  • 1,5 l caldo de tenreira
  • 0.5 l vino mencía DO Ribeira Sacra
  • 1 cullerada de fariña
  • sal
  • pementa

 

Gornición:

  • 2 mazás verdes
  • 1 cullerada manteiga
  • 12 uds. castañas en almibre lixeiro
  • 1 cullerada de azucre moreno
Tipo de prato
Segundo

Salpementar os anacos de xarrete e douralos nunha tixola grande con aceite. Retirar e, na mesma tixola, engadir as verduras picadas (primeiro, cebola e cenoria) e refogar ata que estean douradas. Engadir o allo ben picado e o porro, cociñar 2-3 minutos. Incorporar a fariña, remover ben, verter o viño e deixalo reducir ata a metade.

Pasar o conxunto a unha pota un pouco máis alta, introducir a carne e cubrir co caldo de tenreira.

Ferver suavemente, tapado, de 1h-30 minutos a 2h ata que a carne estea ben tenra.

Retirar a carne e cortala en porcións coar o mollo de cocción e reducilo ata que teña consistencia espesa de salsa, probar e rectificar sazonamento.

Gornición:

Saltear a mazá cortada en dados nunha tixola cun pouco de manteiga. Cando estea dourada, engadir o azucre e as castañas.

Presentación:

Servir o xarrete co salteado de mazá e un espello de salsa ben reducida.