Compartir

Torta de castañas

Torta de castañas
Ingredientes

Para a Base:

  • 150 grs. de galletas
  • 50 grs. de manteiga
  • un chorriño de Brandy
  • chocolate de fundir (optativo)

Para o Recheo:

  • 300 grs. de castañas
  • 300 grs. de requeixo
  • 125 grs. de azucre
  • 4 ovos
  • 2 dl. de nata
  • 2 dl. de leite
Tipo de prato
Postre

En primeiro lugar derreter a manteiga, despois triturar as galletas co brandy e mesturar todo coa manteiga.

Para facer a base colocar a mistura nun molde e introducir no forno durante dez minutos a 175º C.

Paso Optativo: Fundir o chocolate e estender unha capa moi fina sobre a base que se preparou.

Pelar as castañas e cocelas. Cando estean cocidas trituralas e mesturalas co resto dos ingredientes do recheo axudándose cunha batedora.

Como resultado da mistura queda unha masa fina, vertela sobre a base preparada anteriormente e introducir todo no forno a 175º C durante uns trinta minutos.

Finalmente metelo na neveira durante 24 horas.