Compartir

Torrada salgada de Pan de Cea con anchoas

Torrada salgada de Pan de Cea con anchoas
Ingredientes
  • 4 rebandas grosas de Pan de Cea
  • zume de tomate
  • aceite de xirasol para fritir as torradas
  • 4 tomates de rama
  • aceite de oliva virxe extra
  • 2 ovos frescos XL
  • 1 lata de anchoas en aceite de oliva
  • 1 cuña de queixo San Simón da Costa
  • albahaca fresca
Tipo de prato
Primeiro

Escaldamos os tomates en auga fervendo, pelamos e pasificamos no forno 180º durante 15 minutos. Bañamos as rebandas de Pan de Cea no zume e colocámolas sobre unha reixa para que escorran ben o excedente.

Mentres tanto, batemos 2 ovos nun prato fondo ata espumalos ben, e unha vez bañadas as torradas no zume de tomate, pasamos volta e volta polo ovo batido e fritímolas en aceite de xirasol. Unha vez fritidas, colocámolas sobre papel absorbente de cociña para eliminar o exceso de aceite.

Dispoñemos as nosas torradas nun prato, e porémoslle por riba o tomate pasificado cortado en cuartos, os filetes de anchoa ben escorridos e terminamos decorando co queixo relado e a albahaca picada finamente.