Compartir

“Ternera Gallega” en salsa con piñóns e setas

“Ternera Gallega” en salsa con piñóns e setas
Ingredientes
  • 1 kg de contra de “Ternera Gallega” en filetes non moi finos
  • 100 g fariña de trigo
  • sal
  • pementa
  • aceite de oliva
  • 2 cebolas grandes picadas finas
  • 4 dentes de allo picados fino
  • 1 kg pulpa de tomate fresco relado
  • 0,2 l de viño branco DO Monterrei
  • 2 follas de loureiro
  • 1 l caldo de tenreira ou polo
  • 50 g de piñóns tostados
  • 200 g de setas frescas variadas picadas
  • un pouco de perexil
Tipo de prato
Segundo

Salpementar e enfariñar os filetes, douralos lixeiramente nunha cazola baixa e ancha con aceite de oliva. Retirar e, no mesmo aceite, pochar as cebolas e o allo picados. Engadir o viño branco e o loureiro, reducir. Incorporar o tomate e guisar ata obter un sofrito.

Devolver os filetes á cazola e cubrir co caldo. Tapar e guisar a lume lento 45 min.- 1 hora, ata que empecen a estar tenros; engadir un pouco máis de caldo se fora necesario. Deixar repousar a lo menos media hora dentro da salsa, que ten que quedar espesa. Engadir un pouco de perexil picado.

Servir e engadir por riba uns piñóns tostados e uns anaquiños de setas salteadas.

Pódese acompañar de: arroz en branco, puré de pataca o uns tallaríns cocidos.