Compartir

“Ternera Gallega” ao viño tinto con cenorias glaseadas

“Ternera Gallega” ao viño tinto con cenorias glaseadas
Ingredientes
  • 1,5 kg carne de tenreira para guisar
  • 1 botella de viño tinto DO Ribeiro
  • 2 cebolas medianas picadas grosas
  • 2 porros picados grosos
  • 4 dentes de allo cortados en dous
  • 2 cenorias picadas grosas
  • 100 g de touciño entrefebrado afumado cortado en bastóns
  • 1 folla de loureiro pequena
  • 1 rama de tomiño
  • sal e pementa branca
  • aceite de oliva suave
  • ½ litro de caldo de carne

Para la gornición:

  • 400 g de cenorias baby
  • manteiga
  • 35 g azucre moreno
Tipo de prato
Segundo

Cortar a carne en cubos grandes, cubrila co viño tinto, as verduras picadas e as herbas. Deixar neste marinado 12 horas na neveira. Escorrer a carne do marinado e separar o viño das verduras. Secar a carne con axuda de papel absorbente e salpementala.

Dourar a carne a lume forte con aceite nunha pota grande e retirala. Na mesma pota, dourar as verduras do marinado xunto coas herbas e engadir o touciño entrefebrado. Devolver a carne á pota, engadir o viño do marinado e el caldo de carne. Tapar e estofar a lume lento durante 1 h 30 minutos aproximadamente, ata que a carne estea tenra. Deixar repousar un par de horas antes de servir.

Para a gornición:

Escaldar as cenorias dous minutos en agua fervendo e retirar a pel coas mans. Nunha tixola antiadherente, engadir as cenorias peladas e unha noz de manteiga e saltear un pouco. Engadir un chorro de auga e unha cullerada de azucre moreno, dar un fervor e seguir salteando ata que estean ternas e brillantes (4-5 minutos aprox.).

Presentación:

Servir os cubos de carne xunto coas cenorias glaseadas e a salsa do estufado.