Compartir

Solombo de porco aromatizado con bagazo, Augardente de herbas de Bagazo de Galicia e Fabas de Lourenzá

Solombo de porco  aromatizado con  bagazo, Augardente de herbas de Bagazo de Galicia e  Fabas de Lourenzá
Ingredientes
  • Fabas de Lourenzá
  • Solombo de porco
  • Augardente de herbas de Galicia
  • Unha cebola
  • Un porro
  • Un dente de allo
Tipo de prato
Segundo

Elaboración:
Deixar a  fabas de Lourenzá a remollo o día anterior.
Cocer as  fabas xunto coa cebola, o porro e o dente de allo (non é necesario trocear). Poñerémolas enteiras xa que unha vez cocidas retirarémolas, trituraremos e engadiremos ao final ás  fabas para que queden un pouco mais ligadas. Rectificar de sal.
Macerar os solombos de porco co augardente de herbas mais ou menos uns 30 minutos.
Nunha pota dispoñer o augardente de herbas e ben colocados os solombos por riba. Cocer durante 20 minutos.

Para o empratado dispoñer as  fabas, o solombo de porco aromatizado e cortado en discos por riba, decorar con romeu e tomiño ao gusto.