Compartir

Robaliza flameada ao Licor de Herbas de Galicia

Robaliza flameada ao Licor de Herbas de Galicia
Ingredientes
  • Robaliza
  • Cenoria
  • Allo-porro
  • Manteiga
  • Fumet
  • Fiuncho
  • Patacas IXP Pataca de Galicia
  • Licor de Herbas de Galicia
  • Sal
Tipo de prato
Segundo

Preelaboración:
Limpar a robaliza e filetear.
Cortar en xuliana a cenoria e o allo-porro.
Cocer as patacas.

Elaboración:
Refogar en manteiga o allo-porro e a cenoria, botar os lombos da robaliza, facer lixeiramente polos dous lados, flamear co licor de herbas, alargar cun pouco de fumet e deixar cociñar uns instantes.

Presentación:
Colocar a robaliza no prato, cubrir co mollo e acompañar coas patacas cocidas.