Compartir

Polbo á grella con Grelos de Galicia, crema de castañas e allada

Polbo á grella con Grelos de Galicia, crema de castañas e allada
Ingredientes
  • 1 polbo
  • 1 dente de allo
  • 1 cebola
  • 1 allo porro
  • 250 g de Castaña de Galicia peladas
  • Caldo de verduras
  • Nata líquida
  • Grelos de Galicia

Allada:

  • Aceite de oliva
  • Dentes de allo
  • Cebola
  • Pemento doce
  • Vinagre
Tipo de prato
Primeiro

Cocer o polbo, arrefriar e cortar os tentáculos ao longo.

Facer unha crema de castañas coa cebola, o allo porro, as castañas e o caldo.

Escaldar os grelos, escorrer e saltear cun pouco de allo.

Realizar a allada galega.

Engrellar o polbo e servir coa crema, os grelos e a allada.