Compartir

Perlas de Mel de Galicia con orella, dados de Pataca de Galicia e crema de Grelos de Galicia

Perlas de Mel de Galicia con orella, dados de Pataca de Galicia e crema de Grelos de Galicia
Ingredientes
  • Orella de porco
  • Dados de Pataca de Galicia
  • Crema de Grelos de Galicia
  • Perlas de Mel de Galicia
  • Maionesa picante
  • Aromáticas

Para as perlas de Mel de Galicia:

  • 150 g de auga
  • 50 g de Mel de Galicia de castaño
  • 2 g de Agar-Agar
  • Aceite de Oliva Virxe Extra Suave

Para a maionesa picante:

  • 200 g Aceite de guindilla
  • 1 ovo
Tipo de prato
Segundo

Poñer a orella a desalgar durante 2 días cambiándolle a auga.

Limpar ben a orella e poñela a cocer.

Coa pataca facer uns dados e poñelos a cocer en auga con sal.

Limpar ben os grelos, cortalos e cocer con unha pataca. Triturar, poñer a punto de sal e colar a crema.

Para as perlas de Mel de Galicia:

Previamente preparar un recipiente con aceite e poñelo a arrefriar no conxelador ou na neveira.

Levar a mistura a ebulición, separar do lume e coa axuda dunha xeringa absorber o líquido e deixalo caer no aceite frío. Escorrer as perlas e reservalas.

Para a maionesa picante:

Emulsionar. Reservar en manga pasteleira.

Montar o prato:

Repartir dados de pataca e anacos de orella intercalándoos sucesivamente ata formar un círculo. No centro, poñer a crema de grelos. Enriba da pataca, as perlas de Mel de Galicia e enriba da orella, a maionesa picante. Rematar con aromáticas.