Compartir

Patacas con “Lacón Gallego” e chourizo

Patacas con “Lacón Gallego” e chourizo
Ingredientes
  • 1 kg patacas da IXP Pataca de Galicia
  • pementón doce
  • 4 chourizos
  • 1 lacón
  • aceite oliva
  • viño branco
  • perexil
  • allo
  • sal
Tipo de prato
Primeiro

Primeiro pelamos as patacas e deixámolas enteiras. Cocémolas con chourizo na mesma pota.

Unha vez cocidas escorrémolas, poñémolas un pouco ao lume movémolas para secalas.

Por outro lado desalgamos o lacón e cocémolo.

Servimos as patacas cun anaco de lacón e un chourizo.

Poñémoslle un pouco de pementón e aceite de oliva ao gusto.