Compartir

Milanesa de Ternera Gallega con berenxena e San Simón da Costa

Milanesa de Ternera Gallega con berenxena e San Simón da Costa
Ingredientes
  • 600 g de filetes de redondo de Ternera Gallega moi finos
  • 1 berenxena
  • 100 g queixo DOP San Simón da Costa
  • 1 ovo
  • fariña
  • pan relado
  • perexil
  • folliñas de berros
  • tomates cherry
Tipo de prato
Segundo

Pelar a berenxena e facer toros finos. Cortar tamén o queixo San Simón da Costa. Salpementar os filetes de redondo e dispoñer sobre cada un, un toro de berenxena; a continuación, poñer un pouco de queixo e tapar con outro filete.

Apertar ben e pasar (con coidado para que non se desfaga) por fariña, ovo batido e pan relado groso mesturado con perexil picado. Fritir en aceite de oliva ata que estean dourados.