Compartir

Lombo de porco celta asado sobre arroz cremoso de Queixo Tetilla

Lombo de porco celta asado sobre arroz cremoso de Queixo Tetilla
Ingredientes
  • 800 gr de lombo de porco celta
  • 1 copa de viño branco D.O. Ribeiro
  • romeiro, allos, grans de pementa e sal
  • 200 gr arroz bomba
  • 1 l de caldo de ósos
Tipo de prato
Segundo

Douramos o lombo nunha placa de aceite ben quente e rematámolo en forno uns 15 minutos a 180 graos.

Refogamos nunha cazola os allos e o resto da verdura picada, cando pochen engadimos o caldo, o arroz, as febras de azafrán e deixamos cocer uns 14- 15 minutos, primeiro a lume forte e logo lentamente. Nos últimos 3 minutos engadimos o Queixo Tetilla para que se funda e deixe o arroz meloso.

Servimos nun prato o arroz cremoso cun anaco de lombo fileteado.