
Ingredientes
- 1.000 g de lingua de “Ternera Gallega”
- 100 g de cebola
- 80 g de porro
- 80 g de cenoria
- pementa en grao
- 1 ud de cravo
- 1 ud de loureiro
- 3 dl de viño tinto Mencía (D.O. Valdeorras)
- 2 dl de xerez seco
- 1 dl de aceite de oliva
- Sal
Gornición:
- 150 g de arroz
- 40 g de cebola
- 4 ud de acelga
- 50 g de aceite
Productos
Tipo de prato
Segundo
Escaldar a lingua en agua fervendo 20 min. e pelar.
Macerar a lingua durante 24 horas con todas as verduras e o viño.
Cortar a lingua en liscos e dourar en aceite de oliva, refogar as verduras da maceración, engadir os viños y cubrir de auga, rectificar de sal e cocer lentamente 3 horas. Unha vez estofada reducir o caldo (será a súa salsa). Cortar a cebola en cadrados pequenos e refogar no aceite, engadir o arroz e mollar co dobre de agua.
Presentación: Empratar un lisco de lingua e acompañar co arroz envolto nunha acelga, previamente cocida. Salsear.