Compartir

Lacón á galega

Lacón á galega
Ingredientes

200 gr de “Lacón Gallego”
400 gr de patacas da IXP Pataca de Galicia
pementón doce
pementón picante
aceite de oliva virxe extra
sal

Tipo de prato
Primeiro

Pelar as patacas e cocelas enteiras, sacalas da pota e deixar que amornen un pouco.
A continuación, cortar as patacas e colocalas nunha fonte. Engadir sal e aceite de oliva virxe extra.
Colocar encima o lacón (pódese quentar previamente no microondas) e engadir pementón doce e  picante, aceite de oliva virxe extra e sal.