
Ingredientes
- 1 kg de croca ou corte redondo de “Ternera Gallega” cortada en filetóns
- 4 mazás reineta
- 100 g de manteiga
- 2 dl de Augardente de Galicia
- 1 dl de aceite de oliva virxe extra
- sal
- pementa ao gusto
Productos
Tipo de prato
Segundo
Selar e dourar o filetón na prancha moi quente. Baixar a intensidade da calor e darlle o punto desexado, salpementar por cada cara ao final do proceso.
Para a salsa, refogar en manteiga as mazás, mollar coa augardente e deixar evaporar. Machucar a mestura.
Presentación: cortar o filetón en linguas finas e acompañalas coa salsa de mazá á parte. Servir con verduras á grella e patacas ao forno.