Compartir

Falso botelo de castañas

Falso botelo de castañas
Ingredientes
  • 1 tripa de botelo salgada
  • 150 g de cabaza
  • 150 g de castañas crúas peladas
  • 80 g de grelos da I.X.P. Grelos de Galicia
  • 250 g de costelas de porco frescas
  • sal
  • 1 allo
  • loureiro
  • pementón
  • ourego
  • unto
  • cravo
  • pementa negra en bola
Tipo de prato
Segundo

Limpamos a tripa da sal e deixámola a remollo en auga fría cuns toros de limón 24h.

Cortamos a costela de porco en anacos e adobamos co ourego, o allo, o pementón e a sal a gusto (como se fose para facer zorza) e deixamos repousar na neveira durante 24/32 h.

Unha vez todo está listo pelamos a cabaza e cortámola en dados de uns 2 cm. Cortamos os grelos e enchemos a tripa ingrediente por ingrediente para que cando se corte se diferencien ben.

Atámolo e untámolo por fóra con algo de pementón e auga para que colla cor, poñemos auga abundante a ferver cun anaquiño de unto, dous cravos, unhas boliñas de pementa e unha folla de loureiro.

Unha vez comenza a ferver metemos o botelo, que previamente lle cravamos un palillo de cociña e deixámosllo cravado durante a cocción, cocémolo a lume lento durante 1,5 horas máis ou menos.

Acompañar cuns cachelos cocidos nesa propia auga de cocción.