Compartir

Fabada

Fabada
Ingredientes
  • 750 g de Fabas de Lourenzá
  • 1 chourizo
  • 200 g costela de porco salgada
  • 100 g xamón serrano
  • 2 patacas medianas da IXP Pataca de Galicia
  • 2 allos
  • pementón
  • 1 folla de loureiro
  • aceite de oliva
Tipo de prato
Primeiro

Poñer as fabas a remollo 12 horas antes.

Poñer tamén a remollo o día anterior a costela e o xamón.

Nunha cazola poñer as fabas, a costela, o chourizo, o xamón, todo cortado en anacos pequenos.

Engadir auga ata cubrir as fabas e poñelas a cocer, engadir a folla de loureiro e deixar cocer uns 40 minutos, pasado este tempo engadir as patacas cortadas en dados.

Poñer unha tixola ao lume cun pouco aceite de oliva e engadir os dentes de allo cortados en láminas, deixar que se douren e engadir o pemento procurando que non se queime. Engadir este refrito á cazola enriba das fabas.

Mesturar todo e seguir cocendo ata que estean as patacas feitas unha hora máis ou menos, deixar repousar e servir.