Compartir

Espeteira de lombo de cordeiro con vinagreta de Licor café de Galicia

Espeteira de lombo de cordeiro con vinagreta de Licor café de Galicia
Ingredientes
  • lombo de cordeiro
  • xudías verdes
  • brócoli
  • cabaciña
  • piñóns
  • améndoas
  • pistachos
  • aceite de oliva
  • Licor café de Galicia
  • pemento doce
  • sal Maldon
Tipo de prato
Segundo

Preelaboración:
Desosar o lombo de cordeiro, enrolar a falda sobre o lombo e facer a espeteira.
Cortar en bastóns as xudías e a cabaciña e cortar o brócoli en ramos, escaldar en auga fervendo con sal e refrescar.
Torrar no forno os froitos secos, mesturar co aceite e perfumar co licor café.
Dourar en aceite o allo, deixar arrefriar un pouco e engadir o pemento doce, deixar repousar e decantar.

Elaboración:
Cociñar a espeteira cun pouco de aceite e saltear as verduras.

Presentación:
Colocar nun prato a espeteira sazonada co sal Maldon, rociar co mollo de licor café e acompañar coas verduras e co aceite de pemento.