Compartir

Empanadillas de Grelos de Galicia con San Simón da Costa

Empanadillas de Grelos de Galicia con San Simón da Costa
Ingredientes
  • 16 obleas de empanadillas
  • ½ kg de Grelos de Galicia cocidos
  • 1 pemento vermello
  • 1 pemento verde
  • 1 cebola
  • 250 g de San Simón da Costa en dados
  • Aceite de oliva
  • Pemento doce
  • Viño branco DO Valdeorras
  • Ovo batido
  • Fariña
Tipo de prato
Primeiro

Cortar a cebola e os pementos en xuliana.

Pochar toda a verdura. Unha vez pochada, engadir os grelos picados e mesturar coas verduras.

Engadir unha culleradiña de pemento doce, remover e engadir 1 decilitro do viño branco DO Valdeorras.

Botar fariña sobre unha mesa e dispoñer sobre esta as obleas de empanadillas, pintar con ovo e encher coas verduras e os dados de San Simón da Costa.

Pechar ben e fritir en aceite de oliva a 180 ºC.