Compartir

Empanada de xoubas e wakame

Empanada de xoubas e wakame
Ingredientes

Para a zarangallada:

  • 1/2 kg de xoubas eco
  • 1 kg e ½ de cebolas eco
  • 20 g de alga wakame eco deshidratada e hidratada posteriormente
  • 100 ml de viño branco eco
  • Sal e aceite

Para a masa:

  • 500 g de fariña de trigo eco
  • 250 g de leite eco
  • 250 g de aceite de oliva 0,4 eco
  • 5 g de alga wakame eco deshidratada e triturada
  • 1 ovo eco (metade para a masa e a outra metade para pintar a empanada)
Tipo de prato
Primeiro

Pochar a cebola ata que estea brandiña, a media cocción, engadir as algas hidratas en auga previamente. Seguir cociñando a lume medio-baixo. Por ultimo engadir o viño branco ata que evapore o alcohol.

Limpar as xoubas e quitarlle as espiñas e as cabezas.

Para a masa, mesturar todo e amasar ata obter unha textura lisa e uniforme.

Repartir a masa en dúas partes e estirar. Poñer a zarangallada na masa e as xoubas crúas por enriba. Tapar coa outra parte en pintar con ovo.

Fornear a 180º uns 40 min.