Compartir

Empanada de Pementos de Herbón

Empanada de Pementos de Herbón
Ingredientes
  • Pementos de Herbón
  • Cebola
  • Fariña
  • Ovo
  • Auga
  • Sal
  • Fermento
  • Aceite
Tipo de prato
Primeiro

Fritir os pementos e reservar.

Facer un fondo con cebola picada, pochar e reservar.

Elaborar a masa de xeito tradicional con fariña, ovo, auga, sal e fermento. Deixar fermentar 1 hora.

Untar unha bandexa de forno con aceite, colocar unha capa de masa xa estirada, encher coa mestura de cebola e pementos e cubrir con outra capa de masa. Enfornar durante 30 minutos 170ºC.