Compartir

Croquetas de polbo, grelos e Queixo Tetilla

Croquetas de polbo, grelos e Queixo Tetilla
Ingredientes
  • 400 gr de polbo cocido
  • 1 manda de grelos
  • 150 gr de Queixo Tetilla
  • Fariña
  • 4 ovos
  • pan relado
  • aceite de oliva
  • sal
Productos
Tipo de prato
Primeiro

Despois de limpar os grelos, cocémolos 3 minutos en auga con sal.

Cortamos as patas do polbo do longo que desexemos facer as croquetas. Cortamos o Queixo Tetilla en tiras finas, do mesmo longo que o polbo. Xuntamos cada anaco de polbo cun de queixo e envolvémolo cunha folla de grelo. Logo empánase pasándoo por fariña, ovo e pan relado.

Fritimos en aceite quente e servímolos quentes para ver fundir o queixo.