Compartir

Crema flamenca

Crema flamenca
Ingredientes
  • 1/2 kg Patacas da IXP Pataca de Galicia
  • 1 feixe de porros
  • 100 g manteiga
  • 1 ovo
  • 1 vaso de nata
  • 1/2 l de caldo de ave
  • pementa branca
  • sal
Tipo de prato
Primeiro

Pelamos as patacas e un feixe de porros.

Lavamos, cortamos en liscos e nunha cazola con manteiga refogamos as patacas e os porros con coidado de que non collan cor.

Engadimos o caldo de ave.

Salpementamos e deixamos que coza lentamente.

A continuación trituramos co batedor eléctrico.

Pasámolo polo coador e incorporamos unha xema de ovo con pan frito.