
Ingredientes
- 12 miniescalopes de tenreira (I.X.P. Ternera Gallega)
- 6 rebadas de queixo Arzúa-Ulloa
- 6 magras de lacón galego tradicional (I.X.P. Lacón Galego)
- 50 g de fariña
- 2 ovos batidos
- 100 g de pan relado
- Sal
- 1/4 L de aceite de oliva virxe
Gornición: opcional
Tipo de prato
Segundo
Nunha superficie plana sálganse 6 filetes (lixeiramente), e enriba deles ponse o queixo e o lacón. Tápanse cos outros 6 filetes a xeito de sobre e empanamos por esta orde: fariña, ovo e pan relado. Esmáganse un pouco coa escumadeira e frítense nunha tixola de fondo grande co aceite de oliva, a unha temperatura moderada. Acompáñanse con gornición ao gusto: patacas (I.X.P. Pataca de Galicia), ensalada, puré, etc.