Compartir

Barquillo de Mel de Galicia sobre cama de Arzúa-Ulloa, Castaña de Galicia e toffee de Ouro Doce

Barquillo de Mel de Galicia sobre cama de Arzúa-Ulloa, Castaña de Galicia e toffee de Ouro Doce
Ingredientes
  • Barquillo
  • Puré de Castaña de Galicia con Mel de Galicia
  • Crema de queixo Arzúa-Ulloa
  • Toffee de Mel de Galicia
  • Castaña de Galicia crúa e laminada
  • Aire de limón
  • Mel de Galicia
  • Lima
  • Fiúncho

Para o barquillo:

  • 100 g fariña de trigo
  • 100 g azucre glass
  • 3 claras de ovo
  • 75 g manteiga en pomada

Para o puré de Castaña de Galicia con Mel de Galicia:

  • 100 g de Castaña de Galicia asada
  • 100 g de leche
  • 30 g de Mel de Galicia
  • 50 g de chocolate

Para a crema de queixo Arzúa-Ulloa:

  • 250 g de queixo Arzúa-Ulloa en anacos
  • 20 g azucre
  • 75 g leite
  • 150 g nata

Para o toffee de Mel de Galicia:

  • 250 g Mel de Galicia
  • 75 g de nata

Para o aire de Mel de Galicia e limón:

  • 100 g zume de limón
  • 120 g agua
  • 20 g Mel de Galicia
  • 3 g lecitina de soia
Tipo de prato
Postre

Para o barquillo:

Poñer o forno a quecer a 180º

Mesturar todos os ingredientes ata ter unha masa homoxénea.

Dispoñer culleradas da mestura sobre unha bandexa con papel sulfurizado e estirar con axuda dunha espátula. Meter no forno uns minutos ata que se douren, sacalas e inmediatamente enrolalas dándolle forma de barquillo.

Para o puré de Castaña de Galicia con Mel de Galicia:

Disolver o Mel de Galicia co leite no lume e engadir as castañas ata que a mistura ferva e engadir o chocolate. Triturar e reservar en manga pasteleira.

Para a crema de queixo Arzúa-Ulloa:

Quentar o leite, a nata e o azucre e pouco a pouco engadir o queixo ata que se disolva. Triturar, colar e reservar en manga pasteleira.

Para o toffee de Mel de Galicia:

Nun cazo, poñer os dous ingredientes e cunha variña remover ata ferver. Reservar nunha manga pasteleira.

Para o aire de Mel de Galicia e limón:

Quentar os líquidos e engadir o mel, remover ata que se disolva e engadir a lecitina. Mesturar todo e arrefriar. Con axuda dun túrmix darlle aire.

Montar o prato:

Na base do prato, poñer a crema de queixo e ernriba cinco puntos de puré de castaña. Engadir o toffee de Mel de Galicia e ernriba a castaña laminada. Tapar un lateral co aire de Mel de Galicia e limón, raiar lima, apoiar un fiuncho sobre o aire e rematar co barquillo.