Compartir

Albóndigas de bacon e queixo San Simón da Costa

Albóndigas de bacon e queixo San Simón da Costa
Ingredientes
  • 900  g carne de porco e tenreira da IXP Ternera Gallega (metade e metade) + 80  g de  bacon picado
  • 120  g. de pan
  • ½ vaso de leite
  • 120  g de queixo San  Simón da Costa
  • 400  g de tomate  triturado
  • 2 cebolas
  • 3 dente de allo
  • 1 cullerada de tomate concentrado
  • ¼ pemento vermello e verde
  • 3 cenorias
  • aceite de oliva
  • guindilla (opcional)
  • ½ vaso de viño branco da IXP Betanzos
  • herbas aromáticas: romeu, tomiño, loureiro

Gornición:

  • pasta de tinta de lura
Tipo de prato
Segundo

Desmiuzar o pan e poñer as faragullas nun  bol, verte o leite e deixar que se empape. Poñer a carne e o  bacon nun cunco, pelar e picar miúdo dous dentes de allo e agregalos, engadir o pan mollado en leite, o ovo, o queixo San Simón da Costa relado, un pouquiño de sal e pementa negra.  Amasar ata formar unha mestura homoxénea e formar as albóndegas. Pasar por fariña e dourar nunha tixola con aceite. A continuación deixalas nunha fonte cuberta de papel  absorbente a fin de eliminar o exceso de aceite.

Picar a cebola, o dente de allo, os pementos e a cenoria e poñer todo a  pochar nunha pota cun pouco de aceite. Incorporar a  guindilla. Engadir o viño branco, o tomate, un chisco de sal, as herbas aromáticas (atadas cun cordel para poder retiralas despois) e cociñar a lume medio durante 30  min.
Retirar a  guindilla e as herbas aromáticas.

Pasar a salsa polo  pasapuré, e poñela outra vez na pota, introducir as albóndegas e cociñar entre 8 e 10  min. a lume medio. Servir con pasta, patacas ou arroz.