IXP "Orujo de Galicia"

Información xeral

Empresas elaboradoras

Receitas

IXP Orujo de Galicia
Documentación técnica

Diferentes culturas e rexións asócianse cunha bebida que se converte nun selo de identidade, nunha marca do propio territorio. Sucede no Caribe co ron, en Escocia co whisky, en Rusia co Vodka, ou en Xapón co Sake. Ligado á Galicia máxica está a augardente, destilado dos ritos ancestrais desta terra de meigas.


Medio Natural

A área xeográfica delimitada na que se debe producir a materia prima e na que se debe realizar o destilado e, no seu caso, o envellecemento, abarca todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

A composición volátil dos augardentes está directamente relacionada coas condicións de fermentación e de destilación da materia prima, pero sobre todo polos compostos aromáticos propios de cada variedade de uva. A presenza e concentración destes compostos depende tamén da zona de cultivo e das condicións climáticas e edafolóxicas, de maneira que as variedades de uva utilizadas e o territorio onde se cultivan condicionan as características dos destilados obtidos.

Materias primas

+

A Augardente de bagazo está elaborada a partir de bagazos e lías obtidos a partir de uvas colleitadas no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia.

As características dos bagazos están estreitamente ligadas aos factores nos que produciu a uva, á viña e ás variedades das que deriva, á tecnoloxía utilizada na extracción do mosto e na fermentación e tamén ao período e a modalidade coa que se conservou a materia prima antes de chegar ao destilador. Os bagazos, unha vez fermentados, están listos para seren destilados.

Características do produto

+

O “Orujo de Galicia” presenta as seguintes características  organolépticas:

- Aspecto: transparente-limpo.
- Cor: incolora
- Aroma: intenso, fino, delicado, con presenza de notas florais e/ou froiteiras, ausencia de olor a humidade, a queimado, ou sucidade.
- Sabor: propio da materia prima da que procede, exento de elementos estraños.

As características  organolépticas do “Orujo de Galicia” envellecido son as seguintes:

- Aspecto:  translúcida-limpa.
- Cor:  ambarina-tostada.
- Aroma: intenso, fino, delicado, pode presentar recordos a  vainilla, especias, froitos secos; ausencia de humidade, de sensación a queimado e de sucidade.
- Sabor: lembra á materia prima de orixe, con presenza das características percibidas na fase olfativa e as do envellecemento natural. Estará exento de elementos estraños.

Non hai información dispoñible.

Receita