IXP Ribeiras do Morrazo

Información xeral

Empresas elaboradoras

Receitas

IXP Ribeiras do Morrazo
Documentación técnica

Estes viños teñen unha historia detrás, a dunha cultura do viño moi arraigada na sociedade, a dun territorio de gran potencial que se resiste ao abandono dos viñedos e, en definitiva, a do traballo e esforzo de moitos viticultores, adegas e outras entidades do territorio que  impulsaron a aprobación dun selo de garantía que ampara e valoriza os seus viños como uns viños singulares, representativos da identidade destas terras e de calidade contrastada.


Medio Natural

Dentro da zona, case a totalidade da superficie dedicada ao cultivo do viñedo se encontra por baixo dos 150  m  sobre o nivel do mar. Está situada en zona costeira (Península do Morrazo e fondos das Rías de Pontevedra e Vigo), en terreos de ladeira, con suaves pendentes e orientacións protexidas polos relevos da dorsal do Morrazo, a Serra de Castrove ao norte, as elevacións cara a Serra do Suído no leste e a Serra do Galiñeiro no sur, que exercen un importante efecto barreira sobre a penetración de ventos oceánicos, o que representa as condicións idóneas para unha área de boa produtividade agrícola.

A implantación das viñas fíxose en zonas de boa exposición con solos quentes e  permeables,  ou en condicións singulares como os solos de areais e dunas ou os de ladeiras de roca granítica, característicos desta área xeográfica.

Estas condicións achegan aos viños producidos nesta comarca equilibrio e harmonía, boas expresións aromáticas e axeitadas características de conservación.

Materias primas

+

As variedades de uvas empregadas son: 

- Para o branco: Albariño, Caíño Branco, Godello, Loureira, Treixadura, Branco lexítimo e Torrontés.

- Para o tinto: Brancellao, Caíño Tinto, Pedral, Espadeiro, Loureiro Tinto, Mencía e Sousón.

Características do produto

+

Os viños son frescos e suaves en boca, limpos, brillantes con aromas francos nos que se aprecian as características propias da materia prima da que proceden, con graduacións alcohólicas moderadas, con aromas florais e de froitas e, finalmente, con boa e equilibrada acidez.

Os viños brancos teñen potente intensidade aromática.

Os viños tintos están ben cubertos en fase visual.

Marín

ADEGA ARDÁN SL

Poio

MERCEDARIOS MONASTERIO SAN JUAN DE POIO

Redondela

REBORAINA SL

Vilaboa

MARTINEZ PINTOS, GUILLERMO
Receita