Información xeral
Empresas elaboradoras
Receitas

Galicia, terra de meigas, é o berce dun dos manxares que describen mellor a súa gastronomía, o licor de herbas. Igual que a propia terra galega, este licor garda como ningún a esencia deste territorio por conter as plantas que prosperan nel.
Medio Natural
A área xeográfica delimitada da indicación xeográfica Licor de Herbas de Galicia, na que se debe producir a uva e, como subproductos da vinificación, os bagazos e lías e na que se debe realizar o seu destilado, así como a elaboración e o envasado, abarca todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
A zona de cultivo, as condicións climáticas e edafolóxicas, así como as variedades de uva utilizadas e o territorio onde se cultiva condicionan as características do produto obtido.
As herbas utilizadas na súa elaboración inflúen tamén no seu sabor, aroma e cor.
Materias primas
+
O Licor de Herbas é unha bebida espirituosa obtida a partir da augardente de bagazo amparada pola Indicación Xeográfica “Orujo de Galicia” (mínimo un 25% do total de alcohol) e alcohol etílico de orixe agrícola mediante a maceración e/ou destilación do alcol en presenza das herbas que a caracterizan. Na elaboración do Licor de Herbas de Galicia empregaranse un mínimo de tres especies de prantas. Permítese o uso de calquera especie para uso alimentario entre as que se citan, por ser de uso máis tradicional, as seguintes: menta, macela, herba luísa, romeu, ourego, tomiño, coriandro, azar, regalicia, noz moscada, canela ou fiúncho.
Características do produto
+
As características organolépticas son as seguintes:
- Aspecto: translúcido-limpo
- Cor: dende amarela palliza a amarela verdosa
- Aroma: intenso, fino, delicado, saboroso, amplo, con notas florais, balsámico, con recordos do augardente de bagazo do que procede, complementado coas herbas que o caracterizan. Ausencia de olores a humidade, queimado ou sucidade.
- Sabor: pode ter distintos graos de dozura que van marcar a intensidade do licor, con amplitude de matices a herbas e notas balsámicas.