IXP Viño da Terra de Betanzos

Información xeral

Empresas elaboradoras

Receitas

IXP Viño da Terra de Betanzos
Documentación técnica

O río Mandeo e o seu afluente, o Mendo, labraron durante miles de anos os vales que rodean á cidade de Betanzos, e é precisamente nas ladeiras expostas ao sur destes vales onde se atopa o mellor terruño para as castes autóctonas desta zona.


Medio Natural

A influencia atlántica provoca unha moderación das temperaturas especialmente significativa nos períodos de máxima vexetación da vide.

O número de horas de luz é un dos factores  limitantes para o cultivo da vide condicionando desta maneira as graduacións alcohólicas e ocasionando valores altos de acidez.

As condicións límite de luz e temperatura son características propias desta zona para obter viños singulares. As viñas están plantadas en solos francos e profundos, propios desta área xeográfica. A poda e a condución das viñas realízase manualmente e con mestría para facer un axeitado control do potencial vitícola.

Materias primas

+

As variedades de uvas empregadas son: 

  • Variedades brancas: Godello, Branco lexítimo (Albarín blanco), Agudelo (Chenin blanc) e Palomino.
  • Variedades tintas: Mencía, Brancellao, Merenzao, Gran negro e Garnacha tintoreira.

Características do produto

+

Nos viños brancos dominan aromas froitais e florais, con cores dende amarela dourada pálida a amarela limón, con alto potencial aromático; en boca son lixeiros e frescos con toques ácidos finais.

Nos viños tintos predominan os aromas a froitos do bosque, de capa media, vermella cereixa e reberetes violáceos, estrutura media con paso suave e lixeiramente tánico.

Bergondo

RICARDO RILO VILLAR

Betanzos

ADEGAS LORENZO BESCANSA SLU

Oza dos Ríos

ELADIO JOSÉ MIGAL MOAR

Paderne

CASA BEADE SL

Sarandóns

VÁZQUEZ SILVEIRA, LUCINDA
Receita