Información xeral
Empresas elaboradoras
Receitas

A agricultura foi dende sempre a principal ocupación dos habitantes da comarca de Verín, alentada por un microclima peculiar e pola fertilidade dos seus solos. Os pementos de Oímbra comezaron a cultivarse con técnicas moi arcaicas que pouco a pouco se foron perfeccionando.
As formas de preparación do Pemento de Oímbra son enormemente variadas: fritos, recheos, asados, guisados, etc. Existe unha enorme tradición entre a poboación na elaboración de conservas caseiras. A receita máis tradicional consiste no envasado dos pementos asados, seguindo un proceso absolutamente artesanal e natural.
Medio Natural
A área de produción dos pementos amparados pola indicación xeográfica protexida Pemento de Oímbra está constituída pola totalidade da comarca ourensá de Verín.
As condicións climáticas contribúen a crear un ambiente moi favorable para a produción hortícola, posto que todo o sector se atopa protexido das frontes húmidas que chegan desde o oeste por serras que axudan a crear unhas condicións climáticas moi particulares (un topoclima), que resultan moi adecuadas para a produción de certos cultivos como a vide, a oliveira ou o pemento.
Materias primas
+
Os pementos amparados pola indicación xeográfica protexida Pemento de Oímbra son os froitos pertencentes ao ecotipo da especie Capsicum annuum, L, cultivado tradicionalmente na zona de produción.
Características do produto
+
Os froitos colléitanse en verde (estado inmaturo intermedio) para a súa comercialización en fresco. Tamén poden cultivarse maduros (cor vermella), utilizándose neste caso fundamentalmente para a súa transformación en conserva como pementos asados. Só os primeiros son amparados pola indicación xeográfica.
A comercialización do pemento realízase cando este non alcanzou a madurez, sendo as súas características as seguintes:
- Forma: regular, alongada
- Peso aproximado: 100-200 g por unidade
- Lonxitude aproximada: 10-20 cm
- Anchura na base: entre 6-8 cm
- Ápice: picudo e redondeado
- Pel: lisa e brillante, de cor verde clara con tonalidades case amarelas
- Cata: sabor doce, sen picor debido a ausencia de capsicina e olor de intensidade media