IXP Pemento do Couto

Información xeral

Empresas elaboradoras

Receitas

IXP Pemento do Couto
Documentación técnica

As orixes do “Pemento  do Couto” remóntanse a mediados do século XVIII, momento no que a actividade no mosteiro de San Martiño  do Couto, en Narón, era un exemplo para seguir para todos os habitantes da zona. Naqueles momentos, segundo se conta, a semente destes pementos foi conseguida polo Prior Ilustrado Felipe Colmenero. Di a tradición que este Prior recibía con frecuencia ao seu gran amigo o Padre Sarmiento. Nas súas veladas, onde non faltaba de comer e de beber, o Padre Sarmiento queixábase de forma ardua do moito que picaban os pementos cos que era agasallado. O Pai Colmenero, ferido no seu orgullo, ocuparía desde entón os seus momentos libres na selección de plantas de pemento que tivesen froitos que non picasen, prolongando os seus traballos de selección ata conseguir unha liña de pementos con esta característica.


Medio Natural

A área de produción dos pementos amparados pola indicación xeográfica protexida Pemento do Couto está constituída pola totalidade da comarca de Ferrol.

Esta zona, historicamente dedicada ao cultivo do Pemento  do Couto, está constituída por un territorio cunhas características homoxéneas desde o punto de vista climático e edafolóxico, que marcan as características do produto. Trátase dunha comarca natural na que a reducida altitude sobre o nivel do mar, a protección que exercen os sistemas montañosos que rodean aos vales de produción e a proximidade á costa orixinan un  microclima diferenciado, o que se combina coa presenza de solos moi adecuados para este cultivo.

O clima húmido, con veráns suaves e escasa amplitude das oscilacións térmicas, representa un elemento fundamental para conseguir as características descritas, especialmente no relativo ao espesor e textura da carne. As técnicas de cultivo e de selección empregadas polos agricultores locais son outros dos elementos diferenciadores.

O nome da denominación, “O Couto”, é un nome xeográfico que se corresponde co lugar onde se sitúa o mosteiro coñecido popularmente por ese mesmo nome, ao que se vincula o inicio da selección e cultivo destes pementos.

Materias primas

+

Os pementos amparados pola indicación xeográfica protexida Pemento do Couto son os froitos da especie Capsicum annuum L. do ecotipo local dese mesmo nome.

Características do produto

+

O froito é colleitado en verde, en estado inmaturo precoz (tamaño comercial) sendo as súas características as seguintes:

- Forma: alongada
- Peso aproximado: 4-6 g por unidade
- Lonxitude aproximada: 4-8 cm
- Anchura aproximada: 2 cm
- Pedúnculo: entre 2-3 cm, sempre de menor lonxitude que o froito. É ríxido e normalmente recto ou con escasa curvatura
- Pel: cor verde escura con pouco brillo
- Cata: carne de textura fina e zumarenta, de sabor doce, lixeiramente  herbáceo e sen  picor debido á ausencia de  capsicina, con aroma de intensidade moderada e con escasa presenza de sementes

Ares

ANTONIO GARCÍA GONZÁLEZ

Fene

MARTA NOVOA FERNÁNDEZ

Narón

AGROFLOR, SCG
VIVEROS Y SERVICIOS AGRARIOS SINDE O VAL SLU
Receita