IXP Pataca de Galicia

Información xeral

Empresas elaboradoras

Receitas

IXP Pataca de Galicia
Documentación técnica

A Pataca de Galicia é un produto cultivado de forma tradicional e aínda que o seu aspecto exterior pode non ser perfecto, a súa calidade e sabor son excepcionais. Comercialízase despois de superar estritos controis de cultivo e envasado, o que garante a súa calidade e orixe.


Medio Natural

A área de produción e envasado do produto amparado pola indicación xeográfica protexida abarca catro subzonas da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Subzona de Bergantiños
b) Subzona de A Terra Chá-A Mariña
c) Subzona de Lemos
d) Subzona de A Limia

A circunstancia de que o cultivo da pataca sexa pouco esixente en condicións climáticas fixo que este teña unha considerable capacidade de adaptación, aínda que resulta sensible ao frío por baixo dos –2 ºC, sendo as súas mellores condicións de cultivo as temperaturas entre 13 e 18 ºC.
Resulta tamén beneficioso para o cultivo unha humidade relativa elevada e unha  pluviometría con valores por encima dos 1.000 mm.
Para a obtención dunha pataca de calidade é fundamental que o terreo sexa o idóneo, recomendándose os terreos de textura solta e non  pedregosa, cun contido en materia orgánica non excesivamente elevado que permita á planta manter esa certa esixencia en humidade durante o período de cultivo.
As catro subzonas delimitadas abarcan maioritariamente terreos situados en zonas chairas e de altitude media ou baixa  s.n.m., cunhas inmellorables condicións para o cultivo de pataca.

Materias primas

+

O produto amparado pola indicación xeográfica protexida (IXP) “Pataca de Galicia” son os tubérculos da especie Solanum tuberosum L., da variedade cultivada ”Kennebec”, destinados ao consumo humano.

Características do produto

+

As características do produto son:
-Forma dos tubérculos: de redondeada a oval.
-Calibre mínimo: Aínda que con algunhas particularidades, o calíbre mínimo debe ser 35 mm.
-Presenza de ollos: moi superficiais.
-Aspecto da pel: liso e fino, de cor amarelo claro.
-Cor da carne: branco.
-Textura: firme e cremosa ao ser cocida, consistente na boca.
-Calidade para consumo: excelente, destacando polo seu contido en materia seca e por manter as súas cualidades de cor, aroma e sabor despois de ser cociñada.

Coristanco

M. PRADO MAZAIRA S.L.
ERICA GARCIA POSE

Cospeito

FERTIPRAM S.L.

Sandiás

GALLEGA DE PATATAS S.L.U

Vilar de Santos

PATATAS Y CEBOLLAS GANDARA S.C

Xinzo de Limia

AGROCEBOLA S.L.
AMADOR DÍAZ PENIN
PATATAS FRITAS GUAYS S.L.
PATATAS CONDE S.L.

Xunqueira de Ambia

COMUNIDAD AGRICOLA MELIS CB