IXP Grelos de Galicia

Información xeral

Empresas elaboradoras

Receitas

IXP Grelos de Galicia
Documentación técnica

Ao longo dos séculos, as referencias ao seu cultivo e consumo son numerosas. Do mesmo xeito, os seus beneficios e a súa excelente calidade conseguiron que o seu uso se popularizase e estendese fóra da comunidade autónoma de Galicia.


Medio Natural

A zona de produción dos grelos amparados baixo a indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia abrangue a totalidade da Comunidade Autónoma de Galicia.

O produto amparado pola IXP Grelos de Galicia pertence a unha familia botánica que comprende especies orixinarias de zonas de clima tépedo, polo que están adaptadas a desenvolverse e crecer con temperaturas moderadas. Son resistentes a xeadas, especialmente na etapa vexetativa do desenvolvemento. Non presentan susceptibilidade a baixas temperaturas podendo resistir ata 10º C baixo cero.

A orografía, os solos e o clima son factores que condicionan o uso de variedades, adaptándose estas ás diferenzas presentes na Comunidade Autónoma.

Materias primas

+

Basta con botar unha ollada nas prazas de abastos para darse conta do arraigo que teñen os grelos na cultura gastronómica galega. O produto amparado pola indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia é a parte vexetativa destinada ao consumo humano procedente de plantas da especie Brassica rapa. L. var. rapa (comunmente coñecida como nabo), das variedades-poboación correspondentes aos ecotipos de Santiago e Lugo, así como das variedades comerciais rexistradas Grelos de Santiago e Globo blanco de Lugo, representativas respectivamente de ditos ecotipos.

Características do produto

+

Os  grelos non son consumidos en fresco. Para facelos comestibles é necesario sometelos a  cocción, por tanto, as características  organolépticas descritas a continuación refírense ao  grelo posto en disposición de consumo, é dicir, cocido, xa sexa polo consumidor ou pola industria:

- Cor: verde intensa, máis acentuado a medida que a planta se aproxima ao momento de floración.
- Sabor: lixeiramente acedo, combinado con certo  amargor.
- Textura: lixeiramente fibrosa máis acusada se a variedade é de folla estreita con elevada porcentaxe de  pecíolos.
- Dureza: moi baixa debido ao baixo contido en fibra alimentaria.

Comercialízanse de distintas maneiras:
- en fresco: en feixes de pesos aproximados de 0,5 ou 1 kg, atados por medio de cintas vexetais ou doutros materiais autorizados
- conxelados: envasados en bolsas de materiais autorizados
- en conserva: elaborados ao natural e presentados en envases metálicos ou frascos de vidro

A Arnoia

CULTIVOS RIBEIRO SL

O Rosal

CONSERVAS A ROSALEIRA SL

San Cibrao das Viñas

LEGUFRUT AGRO SL

Vedra

VIUDA DE GERADO PARADA Y J. ALVELA SL