IXP Mel de Galicia

Información xeral

Empresas elaboradoras

Receitas

IXP Mel de Galicia
Documentación técnica

O Mel de Galicia é un produto natural e fresco que se produce de forma artesanal desde fai centos de anos. Está intimamente ligado ao territorio onde se produce e soamente as abellas coñecen o segredo da súa elaboración. Este tesouro galego contén a esencia da nosa paisaxe conformada primordialmente por flora silvestre, que lle proporciona esas características sensoriais particulares.


Medio Natural

A zona de produción, elaboración e envasado do mel amparado pola indicación xeográfica protexida Mel de Galicia abrangue todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O territorio galego diferenciase na xeomorfoloxía, a litoloxía e a edafoloxía das áreas mediterráneas de produción  apícola tradicional, predominando os solos ácidos, que condicionan a vexetación existente e, por tanto, a produción de  néctar e  conseguintemente as características dos meles. É, por tanto, unha rexión natural perfectamente diferenciada do resto da Península Ibérica. Interveñen na súa personalización aspectos  xeomorfolóxicos, climáticos, biolóxicos e edafolóxicos, que condicionan a existencia dunha flora adaptada ás condicións naturais que todos estes factores lle impoñen.

En definitiva, a situación xeográfica de Galicia e as súas peculiaridades dan lugar a meles que presentan características propias e por iso diferéncianse dos producidos noutros territorios.

Materias primas

+

O Mel de Galicia procede de colmeas móbiles e obtense por decantación ou centrifugación. Durante o tempo de recollida do mel polas abellas, as colmeas non poden ser sometidas a ningún tratamento químico nin se lles pode subministrar ningún alimento.

Segundo a súa orixe botánica o Mel de Galicia pode ser multifloral ou monofloral de algún dos seguintes tipos: de eucalipto, de castiñeiro, de silva ou de breixo.
 

Características do produto

+

O mel pode presentarse en estado líquido, cristalizado ou cremoso, conservando todas as súas propiedades naturais.

As características dos distintos tipos de meles son as seguintes:

  • Mel multifloral: a súa cor poderá variar entre o ámbar e o ámbar-escuro. Presentan aroma floral ou vexetal de intensidade e persistencia variable. Poden ser lixeiramente ácidas e astrinxentes.
  • Mel monofloral de castiñeiro: de cor ámbar escuro, pode presentar tons vermellos. Aroma preferentemente vexetal de intensidade media-baixa e persistencia baixa. É lixeiramente ácida e amarga, a veces algo picante. Adoita presentar lixeira astrinxencia.
  • Mel monofloral de eucalipto: cor ámbar, olor floral cun toque a cera. A intensidade do olor é media e a persistencia baixa. Sabor doce e lixeiramente ácido.
  • Mel monofloral de silva: cor ámbar a ámbar escuro. Son meles aromáticas con cheiro floral persistente. Sabor afroitado, marcadamente doce de intensidade e persistencia media-alta.
  • Mel monofloral de breixo: cor ámbar escuro ou escuro con tons vermellos, sabor lixeiramente amargo e persistente, aromas vexetais persistentes. A intensidade do cheiro adoita ser media-baixa e a persistencia baixa.

A Pobra de Trives

López Baños María
Sotelo Fernández Xavier

A Rúa

García Porto María Isabel

A Veiga

Concello da Veiga

Alfoz

Carreiras Cuadrado Javier

Arzúa

O Enredo do Abelleiro SL
Erica Mel SCG

As Neves

S Coop Agraria Condado-Paradanta

Bens

Mieles Anta SL

Bóveda

Pazo de Lusío SL

Chantada

Goyanes Cereijo Susana

Frades

Raposo Sánchez Manuel

Lalín

Calvo Munín Avelina
Dobarro Caamaño Iria
Gómez Tapia Antonio
Munín Taboada María
Touceiro Carrera Elías

Lobios

Coop. Agraria Serra do Xurés SCL
Rodríguez Cabanelas José Benito

Mañon

Rey Timiraos Eva Mª

Monfero

Duran Casal Josefa María

Noia

Maroñas Suárez Juan Carlos

O Valadouro

Sixto Pernas María Fe

Ourense

González Carballal SL
González Iglesias Carlos

Porto do Son

Abelleiros Fidosa SL

Quiroga

Rodríguez Losada Armando

San Cibrao das Viñas

Pérez Alonso Johnny

Santiago de Compostela

Horta de San Antón Sc

Taboada

Covas 21 SL

Vigo

Souto Vivo CB

Vila de Cruces

Soto Vázquez José Antonio

Vilar De Barrio

Blas González Claudio