DOP Cebreiro

Información xeral

Empresas elaboradoras

Receitas

DOP Cebreiro
Documentación técnica

O queixo do Cebreiro é un queixo fresco de pasta branca, branda e granulosa, elaborado con leite de vaca, totalmente natural, sen conservantes nin aditivos.


Medio Natural

A zona de produción abarca os municipios de Baralla, Becerreá, Navia de Suarna, As Nogais, Triacastela, Cervantes, Pedrafita, O Caurel, Baleira, Castroverde, A Fonsagrada, Láncara e Samos todos eles na provincia de Lugo.

Materias primas

+

Queixo elaborado con leite procedente de gando vacún das razas Rubia galega, Parda alpina e Frisona ou os seus cruzamentos entre si.

Características do produto

+

Queixo con forma de seta ou de gorro de cociñeiro, cunha base cilíndrica de diámetro variable e cun sombreiro lixeiramente máis ancho. O seu contido en materia graxa está comprendido entre un 45 e un 60%.

O Cebreiro fresco non presenta codia diferenciada e a súa pasta é branca, granulosa, branda, arxilosa ó tacto, untuosa, fundente ó padal e de sabor lácteo lixeiramente ácido.

O Cebreiro curado ten a codia pouco diferenciada e a súa cor pode ir de amarelo a amarelo intenso podendo presentar mofo dependendo da fase de maduración. A súa pasta de cor marfil pode chegar ó amarelo; cunha consistencia entre manteigosa, firme e a veces dura dependendo do grado de maduración.

Sabor lácteo chegando a ser metálico e picante.

Comercialízase en fresco y curado, este último cunha maduración mínima de 45 días.

Barredo – Castroverde

Carlos Reija Fernández (queixo Sto. André)

Becerreá

Begoña González Cela (queixo Fonchave)

Pedrafita do Cebreiro

Queixería Castelo de Brañas S.L.