Agricultura ecolóxica

Información xeral

Empresas elaboradoras

Receitas

A produción ecolóxica certificada na Unión europea instaurouse no ano 1992 de xeito formal para amparar as producións que se realizaban sen emprego de produtos químicos de síntese, sen transxénicos e cunhas normas de produción que favorecían a preservación do ambiente, os solos agrarios, os ecosistemas naturais e a biodiversidade, así como un elevado nivel de benestar animal superior ao que obriga a normativa vixente.

En Galicia é o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) o que ten delegadas como autoridade de control as funcións de inspección sobre os mas de 1000 operadores inscritos. 


Medio Natural

O CRAEGA certifica todas as producións ecolóxicas producidas no territorio continental e mariño de Galicia así como tamén a transformación ou envasado feita en Galicia de produtos ecolóxicos procedentes doutros territorios fóra de Galicia e incluso de fóra da UE.

Das aproximadamente 34.000 ha dedicadas á agricultura ecolóxica en Galicia, preto da metade están na provincia de Lugo, que destina a maior parte da superficie á produción de forraxes.

Materias primas

+

Os produtos ecolóxicos poden ser produtos de orixe vexetal, animal, produtos da acuicultura ou produtos transformados nas industrias elaborados cos anteriores. No caso dos produtos elaborados está restrinxido ao mínimo os aditivos para a alimentación animal, así como  coadxuvantes tecnolóxicos e empréganse preferiblemente na transformación métodos biolóxicos, mecánicos e físicos.

Características do produto

+

Sería moi longo nomear todas as características de cada un dos produtos ecolóxicos certificados en Galicia pero no caso dos produtos vexetais poderíase destacar o feito dunhas cualidades organolépticas e nutritivas diferentes debidas ao emprego de castes adaptadas ao medio e períodos máis longos de cultivo e maduración. No que respecta as producións gandeiras está bastante estendido no caso dos herbívoros o emprego de animais das razas autóctonas así como unhas características distintas derivadas do emprego de pensos ecolóxicos e o pastoreo obrigatorio.

Nos produtos da acuicultura pode salientarse a sostibilidade na obtención do recurso e unha elevada calidade sanitaria e biolóxica das augas empregadas na produción.

Non hai información dispoñible.

Receita