IXP Tarta de Santiago

Información xeral

Empresas elaboradoras

Receitas

IXP Tarta de Santiago
Documentación técnica

A elaboración da “Tarta de Santiago” é un proceso artesanal transmitido de xeración en xeración, que foi evolucionando en función do progreso tecnolóxico experimentado nos últimos anos para atender as esixencias do mercado, sen perder a súa propia identidade. As técnicas empregadas na fabricación tenden a obter produtos de máxima calidade, mantendo os caracteres tradicionais das tortas amparadas por esta indicación xeográfica protexida.


Medio Natural

A área de elaboración das tortas amparadas pola IXP “Tarta de Santiago” abrangue toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

A “Tarta de Santiago” nace nas cociñas acomodadas nos séculos  XVI ao  XVIII, cando consumir produtos exóticos, como as améndoas e o azucre, significaba ter riqueza e poder; servilos aos hóspedes significaba honralos e, a un tempo, confirmar a súa pertenza ao grupo social privilexiado.

A popularización da peregrinación a Santiago a través das distintas rutas xacobeas, particularmente nos últimos lustros, trouxo á capital e, en xeral, á comunidade autónoma, multitude de visitantes, tano españois como doutros países, o que serviu para divulgar o coñecemento deste produto típico da repostaría galega fóra das súas fronteiras.

A divulgación universal deste doce é tamén froito do bo facer dos obradoiros galegos en xeral, e composteláns en particular, que souberon conservar as receitas herdadas. Só a coidadosa atención á calidade dos ingredientes e o esmero na elaboración garanten a conservación das virtudes e sabores tradicionais desta sobremesa e fan dela algo apetecible para todo tipo de público.

Materias primas

+

O produto amparado pola IXP “Tarta de Santiago” é un doce tradicional galego, cuxos compoñentes básicos son:

- améndoas (mínimo 33% sobre o peso total da masa)
- azucre (mínimo 33% sobre o peso total da masa)
- ovos (mínimo 25% sobre o peso total da masa)

Existen dúas presentacións, torta forrada, é dicir, con base, y torta sen forrar.
Os forros, representarán como máximo un 25% do peso total da torta forrada, e admítense dous formatos e composicións:
Forro de follado, no que os ingredientes son fariña de trigo, manteiga, auga e sal.
Forro de pasta brisa (ou brisé) no que os seus ingredientes son fariña de trigo, manteiga, azucre refinado, ovo enteiro, leite e sal.

Características do produto

+

As características da “Tarta de Santiago” son as seguintes:

- Forma: redonda con cuberta de azucre glaseado onde figurará a Cruz da Orde de Santiago como sinal de identidade propia
- Aroma: típico a xema e améndoa
- Cor: cobertura branca en superficie debido á decoración con azucre glaseado e cor dourado ao corte.
- Sabor: típico a améndoa.
- Textura: esponxosa e granulada.

Bergondo

PANIFICADORA MENCER, SL

Boqueixón

TARTAS LESTEDO, SC

O Pino

TARTAS LA ABUELA, SL

Ourense

DELICIAS CORUÑA, SL

Santiago de Compostela

DELICATESSEN COMPOSTELA, SL
HORNOS DE LAMASTELLE, SA
SANCOSA, SL

Teo

PASTELERÍA SUEVIA, SL
Receita
Receitas
Non se atoparon receitas para este produto