IXP Ternera Gallega

Información xeral

Empresas elaboradoras

Receitas

IXP Ternera Gallega
Documentación técnica

En Galicia hai máis de 3700 anos que se produce carne de vacún. Estamos, polo tanto, ante un produto agroalimentario con tradición e historia.

A carne da IXP Ternera Gallega está sometida a estritos controis de calidade que abranguen dende o nacemento dos tenreiros, a súa crianza, alimentación e coidados sanitarios, ata o seu sacrificio e presentación da carne nos puntos de venda, todo isto conforme ao establecido na lexislación vixente. A alimentación dos tenreiros baséase no leite materno, forraxes e concentrados procedentes de vexetais e exentos de calquera subproduto animal ou substancia prohibida. Así pódese asegurar que a carne de “Ternera Gallega” ten a máxima calidade e garantía.


Medio Natural

A orografía galega está modelada con suaves outeiros e unha importante rede fluvial que, xunto ao clima atlántico de abundante  pluviosidade e temperaturas suaves, favorecen unha alta produtividade forraxeira e dos cultivos agrícolas. Esta capacidade produtiva da terra favoreceu o desenvolvemento dunha elevada actividade gandeira ligada ao territorio, así como a implantación dunha importante industria elaboradora e transformadora, na que a carne de vacún ten un especial protagonismo.
 

Materias primas

+

Para que un becerro poida ser identificado e inscrito en “Ternera Gallega”, debe cumprir as seguintes condicións:

  • Orixe: que teña nacido en Galicia
  • Raza: será das razas Rubia Galega, Morenas Galegas así como dos cruces entre si e tamén coas seguintes razas cárnicas: Asturiana de los Valles, Limusina e Rubia de Aquitania. Tamén son aptos os cruces de machos de calquera das razas anteriores con femias das razas Frisona e Pardo Alpina.
  • Condicións hixiénico-sanitarias: tanto os tenreiros como as explotacións teñen que cumprir o establecido na normativa vixente sobre manexo dos animais, estado sanitario, benestar animal, etc.
  • Que estea identificado oficialmente, con dobre crotalización e Documento de Identificación para Bovinos (DIB).

Características do produto

+

A carne de “Ternera Gallega” varía dunha cor rosa clara, no caso de ternera, ata un vermello suave, no caso do anello. Ó corte presenta un aspecto magro, de consistencia firme, lixeiramente húmido e brillante, con graxa de cor branca nacarada e suaves irisacións amareladas, distribuída homoxeneamente. A súa textura é suave e con músculo de grao fino.

A indicación xeográfica protexida “Ternera Gallega” ampara e certifica tres tipoloxías de carne: “Ternera Gallega Suprema”, “Ternera Gallega” e “Anello”.


Ternera Gallega Suprema

É a carne que procede dos tenreiros que se crían en explotacións tradicionais ligadas ao medio, con vacas nai de aptitude cárnica, nas que existe unha especial simbiose nai-tenreiro-entorno, baixo o manexo e o bo facer dos gandeiros galegos, que herdaron sistemas de produción transmitidos secularmente de pais a fillos, baseados no aproveitamento dos recursos propios da explotación e no particular coidado dos animais.

Os tenreiros de Suprema diferéncianse na base da súa alimentación que é a lactancia materna, que se mantén practicamente ata o seu sacrificio, complementándose con forraxes, cereais, nabos, patacas e concentrados da máxima calidade.

Outra das súas peculiaridades máis significativas é que son animais xoves, cuxa idade media ao sacrificio oscila ao redor dos oito meses. Todos estes factores propician que a carne que se certifica e presenta coma “Ternera Gallega Suprema” teña un nivel de calidade practicamente insuperable.

Dentro desta tipoloxía identifícase no etiquetado como “Ternera Gallega Suprema - carne de Rubia Gallega”, que é a carne que procede exclusivamente de tenreiros  que son de raza Rubia Galega.


“Ternera Gallega”

É a carne que procede dos tenreiros que se crían en explotacións e cebadoiros de carácter familiar, seguindo as pautas tradicionais do cebo de vacún en Galicia, en unidades produtivas de reducida dimensión e con man de obra propia.

Os tenreiros destétanse a distintas idades e a súa alimentación basease en forraxes e concentrados procedentes de vexetais, nos cales está estritamente controlado que non se usen subprodutos ou derivados animais reciclados, nin tampouco ningunha sustancia que poda interferir no ritmo normal de crecemento e desenvolvemento do animal.

Destes tenreiros, cuxa idade ao sacrificio e inferior aos doce meses, procede a carne que se certifica e presenta como Ternera Gallega.


“Ternera Gallega Anello”

É a carne que procede de animais que cando se sacrifican xa cumpriran os doce meses de idade. A súa importancia relativa dentro da Denominación é escasa, xa que só significa o 1% da carne certificada poa IXP “Ternera Gallega”.

Os tenreiros destétanse e aliméntanse con forraxes e con concentrados procedentes de vexetais, exentos de subprodutos animais e de calquera sustancia que poda interferir no seu ritmo normal de crecemento e desenvolvemento.

A Coruña

CARNICEROS DE LA CORUÑA SA
VEGO SUPERMERCADOS SAU
ALBRESA SL

Beade

CARNES VIANA SL

Becerreá

CÁRNICAS GALBAN SL
ALFREDO GALVÁN SL

Bergondo

BETANZOS CARNES SL

Betanzos

SUMINISTROS MEDINA SL
SUMINISTROS MEDINA SL MAT. DE MONTELLOS

Bóveda

GALCARNES SL

Carballiño

MATADERO CARBALLIÑO SL

Carballo

ÁNGEL REGUEIRA VILLAR

Castro de Rei

SUMINISTROS MEGARO FOODS SL
FRIGORÍFICOS DEL LEA, SL

Castroverde

JESÚS FOLE FOLE

Celanova

CÁRNICAS CELANOVA SL

Cervantes

SCG A CARQUEIXA

Coles

CÁRNICAS MILUCHO E HIJOS SL

Ferrol

BOVINO E PORCINO GALEGO SL (BOPORGA)

Fontecada

AGROCARNES GALICIA SL

Lalín

CÁRNICAS DO DEZA SL
INDUSTRIAS FRIGORÍFICAS DEL DEZA SL

Laracha

CÁRNICAS VISTA ALEGRE SL
CÁRNICAS VISTA ALEGRE SL

Lugo

DISE SC
NOVAFRIGSA SA
RIVAS ESPIÑEIRA O.I. SL

Maside

CÁRNICAS MASIDE SL

Mondoñedo

CÁRNICOS RÍO

Monforte de Lemos

MATADERO MAFRILEMOS SL

Mos

JESÚS VILLAR BARROS

Narón

MATADERO CANTALARRANA SL

Nigrán

MAT COMARCAL GRAL Y FRIGORÍFICO SA (MACOMUSA)

O Saviñao

CÁRNICAS HERMANOS NIEVES SL

Oleiros

FRIPOR SL

Ordes

MANUEL LISTE GAGO

Ourense

CÁRNICAS J-R REQUENO SL
MATADERO GENERAL FRIGORÍFICO ORENSANO SL
CARNES NOGUEROL E HIJOS SL
CARNES PARENTE SL
NOSA CARNE SL

Rábade

CÁRNICAS TERRACHA2012 SL
LUGO CARNE SL
ECOTOMEA SL

Ribeira

DISTRIBUCIONES JOSONI SL

Sada

J.TABOADA SA

San Cibrao das Viñas

CARNICERÍAS M BOO SL

Santiago de Compostela

COMPOSTELANA DE CARNES SL

Sarria

VICTOR MANUEL IGLESIAS LOPEZ
CÁRNICAS CHAMPAM SL

Taboada

CELTAVERDE SL

Tomiño

MG Frigorífico Baixo Miño SL

Vedra

CARDISGAL NOROESTE SL

Vilamoure

LUALCO SL

Vimianzo

MATADERO COMARCAL SONEIRA-COSTA DA MORTE SL