IXP Lacón Gallego

Información xeral

Empresas elaboradoras

Receitas

IXP Lacón Gallego
Documentación técnica

Os antecedente históricos que serven de presentación do “Lacón Gallego” son innumerables.

O lacón forma parte da nosa cultura e dos nosos costumes. O consumo de lacón tivo sempre un gran arraigo en Galicia pola súa doada conservación ao ser un produto curado, ademais de san e cun alto contido proteico.


Medio Natural

A zona de produción do gando porcino destinado á obtención dos lacóns está constituída pola totalidade do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Deste modo, só os porcos nacidos e criados nela, e pertencentes a granxas inscritas no correspondente rexistro poderán servir de materia prima para obter o produto amparado.

Do mesmo xeito, a área de elaboración dos lacóns esténdese única e exclusivamente á Comunidade galega; así, só os matadoiros, salas de despece e industrias cárnicas asentadas nela poderán estar inscritos e realizar a súa actividade baixo o amparo da indicación xeográfica protexida.

Materias primas

+

Para elaborar o “Lacón Gallego” utilízanse as extremidades dianteiras do gando porcino. Os porcos deberán ser das razas: Celta, Large White, Landrace, Duroc e os seus cruces entre si. Acéptase o cruce coas razas Branco Belga e Pietrain, de probada aptitude cárnica, sempre que interveñan nunha proporción inferior ao 25%.

Na alimentación dos animais queda expresamente prohibido o uso de produtos que poidan interferir no seu ritmo normal de crecemento, así como os aceites, fariñas de peixe e os seus derivados, durante a ceba.

Características do produto

+

As principais características do “Lacón Gallego” son as seguintes:

Peso: entre un mínimo de 3 kg e un máximo de 5,5 kg.
Aspecto externo: limpo e firme. O lacón estará enteiro, conservando a pel e o pezuño, pero sen cascos
Textura: firme ao tacto, sempre en relación ao seu grao de curación
Graxa: untuosidade variable, esbrancuxada, aromática e de sabor agradable
Cor: do rosa ao vermello púrpura
Aspecto ao corte: limpo, brillante, con graxa parcialmente infiltrada na masa muscular
Aroma: suave e agradable, exento de rancio e olores estraños
Sabor: pouco salgado, con retoques lixeiramente doces, untuoso e con certa intensidade

O Corgo

Jamones González S.L.

Saa

Lualco S.L.