Novas

Presentación do stand de Medio Rural en Xantar 2021

Entre os produtos que se poderán degustar está o mel, carnes (por primeira vez haberá unha degustación de vaca galega e boi galego), augardentes, produtos ecolóxicos, pan, patacas, grelos, queixos, castañas, viños, augardentes e licores tradicinais de Galicia.

Programa xenerico Xornadas Horta novembro 2021

As xornadas terá un marcado carácter técnico, nas que se abordarán aspectos como a microbioloxía do solo ou a organización da produción e canles de comercialización.

Cata Meles Galicia 2021

Nesta cata poderán participar os meles envasados polas industrias inscritas no rexistro da indicación xeográfica protexida Mel de Galicia.

Cata Queixos Galicia 2021

Nesta cata poderán participar os queixos elaborados polas industrias inscritas nos rexistros de cada unha das catro denominacións de orixe protexidas existentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

O director da Agacal saúdo ao ministro Luis Planas

No stand participan 37 coexpositores, dos cales 15 son adegas e 22 empresas do sector agroalimentario, que ofrecerán catas e degustacións ata o 21 de outubro.

Foto de familia dos premiados nas Catas de Galicia 2021

Ó Prómine Singular, de Bodegas Petrón, S.L. na categoría de viños tintos, e Pazo de Rubianes, de Pazo de Rubianes, S.L. na de viños brancos, foron recoñecidos cos Acios de Ouro aos Mellores Viños de Galicia deste 2021.

1

Organizadas pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), dependente da Consellería do Medio Rural, coa colaboración dos consellos reguladores das catro denominacións de orixe protexidas de queixos existentes en Galicia —Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro— e o consello regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia; a Cata oficial dos Queixos celebrábase entre os días 10 e 11 de decembro en Santiago de Compostela, seguida da Cata oficial dos Meles de Galicia, datada no día 14 de decembro na mesma ubicación. Tanto a XXIII Cata dos Queixos coma a XIX Cata dos Meles, baseáronse nun sistema de precata ou cata de selección e nunha cata final.

Pazo Lalón, da adega Pazo Lalón, S.L. na categoría de brancos, e O Prómine Singular, de Bodegas Petrón, S.L. na de tintos, foron recoñecidos cos Acios de Ouro aos Mellores Viños de Galicia deste 2020

Poñer en valor os viños, augardentes e licores tradicionais elaborados fundamentalmente con uvas de variedades autóctonas, así coma resaltar o saber facer dos adegueiros e augardenteiros galegos, é obxectivo polo que tódolos anos a Consellería do Medio Rural pon en marcha as Catas de Galicia 2020, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria —Agacal—.

catadores

Medio Rural continúa cos seus desprazamentos ás sedes dos consellos reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas, para poder entregar de xeito individualizado os premios correspondentes coas Catas de Galicia 2020. O día 19, na Cidade da Cultura, entregaranse as distincións das augardentes e licores tradicionais, canda os galardóns aos mellores viños tinto e branco.