Medio Rural participa en Xantar 2021 cun amplo programa de ata 14 talleres e degustacións de produtos con indicativo de calidade

Compartir

Entre os produtos que se poderán degustar está o mel, carnes (por primeira vez haberá unha degustación de vaca galega e boi galego), augardentes, produtos ecolóxicos, pan, patacas, grelos, queixos, castañas, viños, augardentes e licores tradicinais de Galicia.

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, participa na 22ª edición de XANTAR, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, co desenvolvemento dun amplo programa de actividades, con ata 14 talleres e degustacións nas que se poderán coñecer e degustar produtos galegos con Denominación de Orixe Protexida (DOP) e Indicación Xeográfica Protexida (IXP).

 

Entre os produtos que se poderán degustar está o mel, carnes (por primeira vez haberá unha degustación de vaca galega e boi galego), augardentes, produtos ecolóxicos, pan, patacas, grelos, queixos e castañas.

 

Xantar 2021, que se celebra no recinto feiral Expourense, é un marco inmellorable onde promocionar os produtos con indicativo de calidade e para dalos a coñecer entre as persoas visitantes e o sector profesional.

 

De feito, en Xantar os viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia teñen unha presenza destacada cun túnel de degustación de 168 m2, onde poderán coñecerse as marcas premiadas no concurso oficial Acios de Galicia e outras propostas enolóxicas galegas.

 

A presencia na feira da Consellería de Medio Rural complétase cun stand institucional de 36 m2, no que se expoñerán e se dará información ás persoas asistentes sobre os produtos galegos. Un total de empresas acompañan neste evento á Consellería para expoñer e presentar os seus produtos nun stand de 84 m2. Son as seguintes:

 

Listaxe de empresas asistentes no stand de Medio Rural

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Este evento conta coa presencia de numerosos restaurantes temáticos, así como expositores que presentan as súas propostas gastronómicas vencelladas ao turismo cun atractivo formato, podéndose degustar no salón elaboracións de alta cociña internacional e produtos galegos de primeira calidade.

A continuación, podes ver o detalle do programa de actividades de Medio Rural en Xantar 2021.

PROGRAMA

MÉRCORES 3 DE NOVEMBRO

 

12.30 a 13.30 h.: Degustación de “Ouro dulce de natureza galega: Mel de Galicia”.

Organiza: Mel de Galicia I.X.P.

Localización: Aula de Cata.

 

13.00 a 14.00 h.: Taller: “Experiencias de Calidade de Galicia”. Traballo con queixos con indicativo de calidade e agua termal: Queixos con D.O.P.: Arzúa-Ulloa, Queixo Tetilla, San Simón da Costa e Cebreiro.

Organiza: Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia.

Imparte: Chef Miguel González.

Localización: Aula Medio Rural byBricoCentro.

 

XOVES 4 DE NOVEMBRO

 

12.15 a 13.45 h.: Cata dos queixos premiados na “XXIII Cata dos Queixos de Galicia”.

Imparte: Salomé Beiroa. Membro do Panel de Cata dos Queixos de Galicia.

Localización: Aula de Cata.

 

13.30 a 14.30 h.: Degustación Produtos Ecolóxicos de Galicia.

Condutor: Javier García Lozano. Secretario do C.R.A.E.G.A.

Imparte: Chef Martín Mantilla.

Organiza: Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia.

Localización: Aula Medio Rural byBricoCentro.

 

19.15 a 20.15 h.: Cata comentada dos viños brancos premiados con «Acios de Oro» nas Catas de Galicia 2021.

Imparte: Juan Carlos Vázquez Abal. Técnico EVEGA.

Colaboran: Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA – AGACAL) e Asociación Gallega de Enólogos (AGE).

Localización: Aula de Cata.

 

VENRES 5 DE NOVEMBRO

 

12.15 a 13.15 h.: Taller: “Experiencias de Calidade de Galicia”. Degustación de produtos con indicativo de calidade: Lacón Gallego IXP, Faba de Lourenzá IXP, Patata de Galicia IXP. e Grelos de Galicia IXP.

Organiza: Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia.

Imparte: Chef Xosé Magalhaes.

Localización: Aula Medio Rural byBricoCentro.

 

12.15 a 13.45 h.: Cata comentada de queixos de Galicia con Denominación de Orixe Protexida. (D.O.P. Arzúa-Ulloa, D.O.P. Cebreiro, D.O.P. Queixo Tetilla e D.O.P. San Simón da Costa).

Imparten: María José Mosteiro Zapata. Secretaria e directora técnica do C.R.D.O.P. Queixo Tetilla.

Óscar Pérez Ramil. Secretario-xerente e director técnico do C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa.

Localización: Aula de Cata.

 

16.30 a 17.30 h.: Cata de Agardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Imparte: Sonia Otero. Membro do panel de cata do Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Colabora: CRIIXX Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Localización: Aula de Cata.

 

19.15 a 20.15 h.: Cata comentada dos viños tintos premiados con «Acios de Oro» nas Catas de Galicia 2021.

Imparte: David Pascual Rodríguez. Presidente de AGE.

Colaboran: Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA – AGACAL) e Asociación Gallega de Enólogos (AGE).

Localización: Aula de Cata.

 

18.00 a 19.15 h.: Proxección do documental “Crónicas dunha viaxe á orixe do sabor, Aguardente de Oruxo”.

Produción: Programa Alma / Dirección e presentador: Javier Caballero

Localización: Sala de Actividades.

 

SÁBADO 6 DE NOVEMBRO

 

12.15 a 13.15 h.: “Experiencias de Calidade de Galicia”. Taller de repostería con Mel de Galicia IGP, Queixo Tetilla D.O.P., Castaña de Galicia IXP e Tarta de Santiago IXP.

Imparte: Chef Manuel Ángel Garea Rodríguez.

Organiza: Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia.

Localización: Aula Medio Rural byBricoCentro.

 

12.15 a 13.15 h.: Cata comentada das Augardentes e Licores Tradicionais premiados nas Catas de Galicia 2021.

Imparte: Sonia Otero. Membro do panel de cata do Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Colabora: CRIIXX Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Localización: Aula de Cata.

 

DOMINGO 7 DE NOVEMBRO

 

12.00 a 13.00 h.: “Experiencias de Calidade” con IXP. Ternera Gallega. Novos cortes de Ternera Gallega para unha cociña saudable e divertida.

Imparte: Chef Javier Rodriguez Ponte «Taky».

Organiza: IXP Ternera Gallega e Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia.

Localización: Aula Medio Rural byBricoCentro.

 

13.30 a 14.30 h.: “Experiencias de Calidade” IXP Vaca Galega/Boi Galego. A versatilidade gastronómica de cortes singulares de Vaca Gallega e Buey Gallego.

Taller profesional de cocina para un mellor aproveitamento culinario da carne de Vacún Maior de calidade certificada.

Imparte: Chef Hector López (Restaurante España, Lugo).

Organiza: IXP Vaca Galega/Boi Galego e Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia.

Localización: Aula Medio Rural byBricoCentro.

 

16.30 a 17.30 h.: Cata comentada das meles premiadas na XIX Cata das Meles de Galicia. Imparte: Manuel Garea. Membro do Panel de Cata.

Localización: Aula de Cata.

 

⬇️ Descarga o programa de talleres e degustacións no seguinte PDF ⬇️