Medio Rural achegará claves sobre a produción e venda dos produtos de horta galega a través de varias xornadas técnicas

Compartir

As xornadas terá un marcado carácter técnico, nas que se abordarán aspectos como a microbioloxía do solo ou a organización da produción e canles de comercialización.

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, realizará no mes de novembro diversas xornadas técnicas, nas que achegará claves para a optimización da produción e venda dos produtos da horta galega.

 

Estas xornadas celebraranse nos concellos galegos de O Rosal (2 e 4 de novembro), Padrón (4 de novembro), Vilanova de Arousa (11 e 12 de novembro), A Laracha (18 e 19 de novembro) e Mondoñedo (22 e 25 de novembro).

 

As xornadas terá un marcado carácter técnico, nas que se abordarán aspectos como a microbioloxía do solo, o control de patóxenos ou outros de carácter máis económico, como a organización da produción e canles de comercialización ou as posibilidades que ofrece unha marca de calidade diferenciada.

 

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse enviando un mail a formacion.agacal@xunta.gal, indicando a localidade no asunto e adxuntando o formulario descargable na seguinte ligazón https://bit.ly/3lTYwYf ou ben contactando a través dos teléfonos 619486014 ou 627570950.



📋 A continuación, podes descargar os programas de cada xornada ⤵️