Así foron as Catas dos Viños, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia en Santiago de Compostela

Compartir

Santiago de Compostela acolleu entre os días 26 e 30 de outubro a unha vintena de expertos encargados de valorar, totalmente a cegas, as 348 procedentes de 143 adegas das cinco denominacións de orixe vitivinícolas e as 25 mostras amparadas polas indicacións xeográficas das augardentes e licores tradicionais.

A través das Catas de Galicia, a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia busca promocionar, identificar e premiar aos mellores viños, augardentes e licores tradicionais elaborados principalmente con uvas autóctonas As Catas dos Viños, Augardentes e Licores de Galicia 2020 desenvolvéronse entre os días 26 e 30 de outubro en Santiago de Compostela.

Alí, un panel de cata composto unha vintena de expertos, foi o encargado de valorar totalmente a cegas as mostras de viños e augardentes recollidas nos días previos polo persoal da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural.

Das puntuacións finais ditaminadas por este panel de profesionais, extraeranse os gañadores da XXXII Cata de Viños de Galicia, a XXII Cata das Augardentes e a IX Cata de Licores Tradicionais. No caso dos viños, os mellor puntuados en cada categoría foron elixidos tras un rigoroso proceso de cata a cegas levado a cabo por catorce expertos.

Estes profesionais foron os encargados de valorar as 348 mostras, 145 de tinto e 223 de branco, pertencentes a 143 adegas. Concretamente, o reparto por denominacións de orixe distribuíuse da seguinte forma: 42 mostras procedentes de 17 adegas da DO Monterrei; 70 mostras pertencentes a 30 adegas da do Ribeiro; 48 mostras de 18 adegas da DO Valdeorras; 70 mostras correspondentes a 30 adegas da DO Ribeira Sacra; 116 mostras de 46 adegas da DO Rías Baixas; e dous viños con indicación xeográfica protexida procedentes de dúas adegas.

As persoas que compuxeron o panel de cata dos viños foron: Alberto Tobes Velasco, Andrés Domínguez Veloso, Beatriz Castiñeiro Gallego, Cristina Carrera Carrera, David Ballesteros Rodríguez, Emilio Rodríguez Canas, Ignacio Orriols Fernández, Luis Buitrón Barrios, Maira Ratón Fernández, Manuel Sánchez Vázquez, Montserrat López Parada, Rebeca André Estévez, Xesús Verao Pérez e Xosé Gontá Sobrino.

No que respecta ás augardentes, participaron nas sesións de cata un total de sete expertos que procederían a catar un total de 25 mostras amparadas polas indicacións xeográficas das augardentes e licores tradicionais da nosa comunidade, pertencentes a oito adegas.

Neste caso, foron oito mostras da IX Augardente de Galicia, sete da IX Licor de Herbas de Galicia, outras sete da IX Licor Café de Galicia, dúas de augardente de herbas e unha de augardente envellecida. O panel de cata das augardentes e licores tradicionais estivo formado por: Cristina Carrera Carrera, Ignacio Orriols Fernández, Javier Pérez Castro, José María García Seijo, María Sineiro Fontenla, Miguel Gómez González e Nuria Cid Álvarez.

Con estas catas, a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia recalca a importancia de promocionar, identificar e premiar aos mellores viños, augardentes e licores elaborados fundamentalmente con uvas de variedades autóctonas, produtos dotados dun carácter único e dunha personalidade recoñecible dentro e fora da nosa comunidade. Nos vindeiros días, precederase a desvelar os galardoados en cada unha das categorías.