Arrincan as reunións para a elaboración da norma técnica do queixo artesán

Compartir

Hai uns días tivo lugar no Pazo de Quián, en Sergude, a primeira reunión constitutiva da mesa de traballo para a elaboración da norma técnica do queixo artesán, que deberá recollerse no Decreto polo que se regula a artesanía alimentaria, publicado no DOG en febreiro deste ano.

Ao encontro asistiron representantes de todas as Denominacións de Orixe dos queixos galegos (Cebreiro, Arzúa-UIloa, San Simón da Costa e Tetilla), da Aula de Produtos Lácteos e da Delegación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia en Lugo, todos eles convocados pola Axencia Galega da Calidade (Agacal), tamén representada na reunión.

Nesta primeira toma de contacto debatíronse diversos aspectos do borrador da norma que deberá rexir a elaboración do queixo artesán en Galicia e que se espera aprobar nos vindeiro meses.