Arrinca a cata para escoller os mellores meles da IXP Mel de Galicia de 2021

Compartir

Este é o breve perfil profesional das sete persoas expertas que compoñen o panel de cata dos meles acollidos á IXP Mel De Galicia. 

A Cata dos Queixos e dos Meles de Galicia 2021 conta con dous esixentes paneis de cata formados, cada un deles, por sete profesionais experimentados nos sectores dos queixos e das meles. Estes 14 profesionais encargaranse de avaliar polo miúdo e totalmente a cegas as mostras que concorren nesta edición que, en total, serán 94 procedentes de 55 marcas diferentes, 30 de industrias queixeiras pertencentes ás catro denominacións de orixe galegas —DOP Queixo Tetilla, DOP Arzúa-Ulloa, DOP San Simón da Costa e DOP Cebreiro—, e 25 industrias de mel acollidas á Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia.

Na primeira xornada, correspondente ao mércores 1 de decembro, iniciouse a cata dos meles acollidos á IXP Mel De Galicia. A continuación destacamos un breve perfil das persoas expertas que compoñen este panel:

  • Beatriz Ríos Cebreiros. Técnica e formadora do panel de cata da IXP Mel De Galicia.
  • Manuel Ángel Garea Rodríguez. Chef, docente, asesor gastronómico e, sobre todo, un amante do mel.
  • Paula Casaleiro Barros. Licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos.
  • Elena Quian Casal. Docente do ciclo formativo de servizos de restauración do CIFP Compostela.
  • Javier García de la Fuente. Enxeñeiro técnico agrícola, forma parte do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Xunta de Galicia. Leva máis de 15 anos formando parte do panel da cata.
  • Maruxa Alfonso Laya. Xornalista de La Voz de Galicia e do seu suplemento Somos Agro.
  • María Varela Mosquera. Chef e propietaria do complexo rural A Parada das Bestas, aloxamento co selo Galicia Calidade. Tamén se integra no prestixioso Grupo Nove.