A Agacal estará nas feiras Iberflora e Fruit Attraction, en outubro

Compartir

Convida á participación das empresas que comercializan produtos amparados por algunha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida.

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria estará presente en outubro deste ano en Iberflora (Feira Valencia), en Valencia, entre o 6 e o 8 de outubro, e en Fruit Attraction, en Ifema (Madrid), entre o 20 e o 22 do mesmo mes. Ademais, ofrece ás empresas que así o desexen a posibilidade de participar como co expositoras nos stands institucionais da Consellería de Medio Rural cun espazo expositivo individual.

Os espazos individuais que ofrece a Agacal inclúe, os elementos necesarios -mobiliario e equipamento-, para que as empresas poidan expoñer e comercializar os seus produtos, así como atender comodamente as visitas e facer os intercambios comerciais que desexen. Todos os espazos individuais estarán agrupados baixo o nome común de Galicia.

As empresas interesadas en participan deberán enviar a solicitude de inscrición correspondente á feira ou feiras ás que desexen asistir que se pode descargar no enlace https://ovmediorural.xunta.gal/gl/tramites/feiras-agroalimentarias. Ditas solicitudes serán enviadas segundo a data indicada no cadro para cada feira ó enderezo electrónico: feiras.medio-rural@xunta.gal. O prazo para o envío das solicitudes estará aberto ata o 17 de xullo de 2020.

É importante que as empresas cubran ben todos os datos, sobre todo os referidos ao contacto, tanto o teléfono como o enderezo electrónico, e aos produtos que comercializa, especificando se algún está amparado por algunha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida.