Novas

Pazo Lalón, da adega Pazo Lalón, S.L. na categoría de brancos, e O Prómine Singular, de Bodegas Petrón, S.L. na de tintos, foron recoñecidos cos Acios de Ouro aos Mellores Viños de Galicia deste 2020

Poñer en valor os viños, augardentes e licores tradicionais elaborados fundamentalmente con uvas de variedades autóctonas, así coma resaltar o saber facer dos adegueiros e augardenteiros galegos, é obxectivo polo que tódolos anos a Consellería do Medio Rural pon en marcha as Catas de Galicia 2020, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria —Agacal—.

ganadores

Os premiados resultaron elixidos tras un rigoroso proceso de cata a cegas realizado por catorce expertos, encargados de valorar 48 mostras correspondentes a 18 adegas inscritas a este selo de calidade

catadores

Medio Rural continúa cos seus desprazamentos ás sedes dos consellos reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas, para poder entregar de xeito individualizado os premios correspondentes coas Catas de Galicia 2020. O día 19, na Cidade da Cultura, entregaranse as distincións das augardentes e licores tradicionais, canda os galardóns aos mellores viños tinto e branco.

1
Os premiados resultaron elixidos tras un rigoroso proceso de cata a cegas realizado por catorce expertos, encargados de valorar 70 mostras pertencentes a 30 adegas inscritas a este selo de calidade
1

Santiago de Compostela acolleu entre os días 26 e 30 de outubro a unha vintena de expertos encargados de valorar, totalmente a cegas, as 348 procedentes de 143 adegas das cinco denominacións de orixe vitivinícolas e as 25 mostras amparadas polas indicacións xeográficas das augardentes e licores tradicionais.

1

Logo da aprobación do decreto polo que se regula a artesanía alimentaria, falta por aprobar a orde que regula as normas técnicas de cada un dos produtos, agora mesmo en período de exposición pública. Artesanía alimentaria, artesanía alimentaria da casa e artesanía alimentaria da montaña serán os distintivos que amparen estes produtos.

Presentación

O Pazo de Quián acolleu o mércores 7 de outubro a presentación oficial da indicación xeográfica protexida (IXP) Pan Galego, na que participaron o conselleiro de Medio Rural, José González e o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos. No acto celebrouse tamén unha mesa redonda con representantes dos tres sectores imprescindibles para o desenvolvemento desta actividade económica: o da produción de trigo país, o da produción de fariña -muíños-, e o da produción de pan -panadarías-.

Crema de queixo DOP Cebreiro

A campaña “Come local” promoveu os produtos con indicativo de calidade e ecolóxicos cun “Xantar de Vagar en Terras da Mariña” para persoas expertas en gastronomía da Mariña de Lugo e bloggers. Trátase dunha iniciativa da Agacal que continuará ao longo do segundo semestre en escolas de hostelería e comedores escolares.

Festival da Luz 1

Baixo o lema ‘Alimentos de Galicia con certificado de orixe. Enchen de luz a túa mesa e o noso rural’, a Consellería de Medio Rural dona ao Festival de la Luz 200 menús compostos por produtos con certificado de orixe galega, cuxa recadación trala venta por parte da organización irá integramente destinada a fins solidarios. As 36 Experiencias Galegas de Calidade compartirán escenario cos artistas convidados nunha aposta pola importancia do agro galego, a vida no rural e o seu desenvolvemento.