Do 11 ao 14 de xuño 2019
Santiago de Compostela

XXXI Cata dos viños de Galicia, XXI cata dos augadentes e VIII cata dos licores de herbas e licor café de Galicia

Compartir

Entre o 11 e o 14 de xuño, vaise a celebrouse en Santiago de Compostela a Cata oficial dos Viños, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia 2019.

En ditas bases especifícanse as categorías nas que poden participar e os requisitos que deben cumprir. Trátase de pertencer a algunha das cinco denominacións de orixe dos viños galegos ou das indicacións xeográficas protexidas da nosa Comunidade e contar cunhas existencias mínimas de produto amparado. 
Igual que noutras edicións pódese participar nas seguintes categorías: 

  • Denominación de Orixe Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Monterrei, diferenciando entre viños brancos e tintos, onde a partida mínima homoxénea e de 5000 litros.
  • Viños de colleiteiro e de pequenas adegas, onde as existencias mínimas na adega son de 2500 litros.
  • Viños con Indicación Xeográfica protexida ou “viños da terra”, espumosos e ecolóxicos, onde só se require unha existencia mínima na adega de 1250 litros. Por suposto todas as partidas de viño ou destilados terán que estar certificadas polo Consello Regulador ao que pertenzan ou ben pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) segundo proceda.
  • Outras categorías son as de viños de variedades senlleiras, colleitas anteriores, elaboración con madeira e tostados. Para estas categorías só e preciso ter unhas existencias mínimas en adega de 500 litros. Con isto pretendese recoñecer aos viños mais elaborados é  dar visibilidade as pequenas producións de gran complexidade e calidade que teñen nos últimos tempos gran aceptación.

As adegas que participaron nesta cata-concurso presentaron un máximo de dúas marcas en cada categoría, sempre da colleita do ano anterior, é dicir, do 2018 ou ben do 2017 ou anteriores cando estes últimos estivesen en contacto con madeira nalgunha das fases da elaboración que participarían na categoría elaboración con madeira ou ben que se presenten na categoría de colleitas anteriores.

Unha vez rematado o prazo de inscrición, persoal da AGACAL, xunto cun representante de cada Consello Regulador visitaron cada adega participante para a recollida das mostras. Alí, despois das comprobacións pertinentes, escolléronse seis botellas ao chou do lote concursante. Estas botellas son asinadas polo persoal da AGACAL e polo representante da adega, quedando alí unha botella coma testigo e as outras cinco introdúcense nuns sacos totalmente opacos, que se pechan; despois pasan a unhas caixas de cartón, todas iguais, onde se precinta asinándose sobre o precinto para non poder ser manipulado, e se pon por fora unha única etiqueta: o nome da categoría na que participa esa mostra se é branco ou tinto. Unha vez pechada esta caixa xa é imposible saber a marca de viño concursante ata a última fase do concurso, onde se descobre a botella do viño con maior puntuación.

Na edición do 2019 contouse coa participación de 393 mostras inscritas: 349 de viños de 157 adegas  pertencentes as D.O. Valdeorras (17 adegas), D.O. Ribeiro (43), D.O. Rías Baixas (52), D.O. Monterrei (16), D.O. Ribeira Sacra (26), I.X.P. “Viños da Terra” (3) e adegas inscritas no C.R.A.E.G.A. (5). Por outra banda participaron 44 mostras de 18 empresas inscritas no Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Na elección do panel de cata pretendese que estea representados todo o sector do viño tanto produtor como ao longo da cadea de comercialización. Así entre os membros do panel están membros do panel de cata dos diferentes consellos reguladores, así como representantes das asociacións de enólogos e sumilleres, da distribución, do sector da comunicación e dos medios informativos.

Como resultado das valoracións do panel foron premiadas unha serie de adegas distintas categorías, celebrándose un acto solemne de entrega dos galardóns o día 10 de xullo de 2019 no Pazo de Quián (Boqueixón-A Coruña), sede da AGACAL.

XXXI Cata dos viños de Galicia, XXI cata dos augadentes e VIII cata dos licores de herbas e licor café de Galicia